AFRICANZATE!

SEX 13 MAR 22H00

MANECAS COSTA E CARLOS BLANCO

SÓ(R)RIR 2009

TEATRO | MÚSICA | 5€

PASSE GERAL SÓ(R)RIR | 1.ª PLATEIA 28€ | 2.ª PLATEIA 23€
PASSE 2.ºFIM-DE-SEMANA SÓ(R)RIR | 1.ªPLAT.13€ | 2.ªPLAT.10,5€

COMÉDIA | 75MIN. | M/13

Africanízate! é uma versão portuguesa e adaptada do espectáculo musical Humor Neghro que percorreu a Galiza na passada primavera, com mais de 10000 espectadores e um excelente acolhimento da crítica.

Supõe um encontro entre dois criadores e as suas respectivas culturas, com humor e música. Um europeu e um africano encontram-se num barco e conversam, ironizam, cantam, descobrem que têm muito mais em comum do que eles mesmos pensavam, partindo dos tópicos da emigração para chegar finalmente a uma reflexão sobre as relações entre Norte e Sul.

Africanízate! é unha alegoria às malas dos emigrantes, carregadas de sonhos de futuro e recordações do passado.
Unha cenografia integralmente composta por elementos de reciclagem. Uma obra centrada no diálogo, na conversa, na música.
Africanízate! é uma expressão, uma reflexão no ar. A ideia de entender a vida doutra forma, um chamamento à calma, a um ritmo mais humano, mais africano foi perfeitamente entendida e usufruida pelo público galego, mas também em Barcelona ou em Sines (Festival de Músicas do Mundo, Portugal) a recepção da mensagem foi sempre a mesma: um êxito.
Africanízate! pretende reflectir sobre uma realidade tão próxima, tão europeia e tão africana como é a emigração. Tenta também tecer laços entre raças e culturas que podem ter em comum um humorista galego e um cantor guineense: o idioma.
Unha cultura comum, a linguagem e uma certa forma de ver a vida, partindo de textos próprios e de autores como Antón Reixa, Xosé Cid Cabido ou Zé Rui (Acert) entre outros.
Africanízate! escapa no possível dum ritmo absurdo, inumano. Sem nenhum tipo de frivolidade, pretende-se lançar uma mensagem para partilhar com as gentes destas terras tão duramente castigadas e contudo cheias de vitalidade e sabedoría.
Africanizémonos, é dizer, humanizemos que boa falta faz.

O gran éxito cultivado por HUMOR NEGHRO, na súa primeira tempada, confirmou a idea orixinal de que o espectáculo sería chamado a traspasar fronteiras e unir culturas. Así pois é o momento de Africanizarnos, de achegarnos ao continente no que está inspirado o espectáculo. Seguro que África vai recibilo cos brazos abertos.
Carlos Blanco e Manecas Costa traballan a dúo para pór en pé un novo espectáculo vivo, sen apenas preconceptos máis aló duns textos consensuados. O feito de que Manecas Costa sexa un músico amplamente coñecido en toda África debería ser de gran axuda para alcanzar eco e boa recepción no continente africano. Estamos seguros de que o espectáculo chegará a ser sen dúbida un acontecemento cultural en toda España e tamén en Portugal.
Mesmo países como Guiné Bissau, Angola, Cabo Verde ou Mozambique son bos lugares para levar esta mensaxe bipolar. Estamos seguros que o efecto "boomerang" mediático da mensaxe Africanízate en Europa será considerable. En definitiva, unha actividade de sensibilización e co-desenvolvemento eficaz.
A dirección escénica será do propio Carlos Blanco e Manecas Costa creará músicas específicas para este espectáculo con vocación de continuidade e mesmo de ser editado nun futuro soporte audiovisual.
Africanízate nace coa vocación de chegar ao maior número de persoas. Pódese realizar en tres idiomas; galego, castelán e portugués: Linguaxes comprensibles en España, Portugal, Angola, Arxentina, Brasil ou Mozambique. Tras-oceánico, tras-continental... Lusófono!!!

Humor negro.
Como a fame. Negra. Humor contra a fame, porque temos fame de humor.
Sede de rir. AFRICANÍZATE.
"Somos galegos, por tanto, negros", dixo Reixa hai tempo.
"Traballamos como negros" toda a vida.
Emigramos durante séculos.
E agora que? AFRICANÍZATE.
Branco e negro. Noite e día.
Europa e África man a man.
A man negra guineana de Manecas pondo voz e baile, ritmo e baile.
A man branca de Carlos Branco rapeando, recitando, sinalando co dedo todo o que se move.
De verdade móvese algo en Europa? AFRICANÍZATE.

Humor ao límite: Ate onde se pode chegar reflexionando sobre a morte, a depresión ou a emigración,entre outros temas.
AFRICANÍZATE é pois capacidade de risco. Arriscar. Diso trátase. Non tanto provocar como removeralgo no espectador/a. Pór no alto e con sensibilidade formas de rir que soamente se permiten no campo máis privado. No ti a ti.
AFRICANÍZATE non é un monólogo, é moito máis: é un diálogo entre Europa e África. Un cómico galego CARLOS BLANCO) e un músico guineano (MANECAS COSTA). Combinado con imaxes e realizado dunha forma distendida, feliz, entretida…
Diso trata AFRICANÍZATE.
De avanzar… Adoptar o bo humor africano para sobre-levar a vida.

bio_Carlos Blanco
Carlos Blanco [Vilagarcía de Arousa,Pontevedra 1960]
Con máis de vinte anos de experiencia profesional en teatro, cine, televisión e radio, ademais da súa faceta como actor, realizou na radio múltiples programas culturais, musicais ou de actualidade.
No teatro realizou diversas montaxes de Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste ou o Centro Dramático Galego onde protagonizou "A fiestra baldeira". Como autor e actor en "Directamente Paco II" baixo a direción de Quico Cadaval e como autor, actor e director en "A historia/histeria de Lili Brown", o musical "Directamente Paco" e recentemente en "Ou país da comedia", espectáculo que conseguiu un grande número de espectadores e grande éxito en todas as representacións por Galiza.
No cine foi actor principal en "O lapis do Carpinteiro", dirixida por Antón Reixa. Tamén participou en "Sei quen ere", "O alquimista impaciente", "Secuestrados en Xeorxia"...
Traballou con Almodóvar na súa última película "Volver" protagonizada por Penélope Cruz.
Foi finalista do Club da Comedia xunto con Eva Hache e traballou en teleseries como "O comisario" ou "Hospital Central".
Na súa longa experiencia profesional recibiu numerosos premios:
Premio Galicia de Xornalismo polo programa "Galicia en Goles" da RAG, Premio Maria Casares á mellor adaptación teatral polo espectáculo "Nano" e Finalista do Certame de Monólogos do "Club da Comedia" 2003.

bio_Manecas Costa
[Guiné Bissau, 1967]
Cantautor e guitarrista virtuoso, comezou a tocar con 9 anos co seu irmán maior, creando o grupo "África Libre". En 1987 foi convidado a participar no festival anual de "Deciuverte", organizado pola Radio Francesa.
Nesa data, con 20 anos de idade, foi nomeado Embaixador de Boa Vontade, por UNICEF. A forma melódica e virtuosa de tocar a guitarra consagrouno como un dos máis destacados músicos de África. Despois de fixar a súa residencia en Lisboa, grava con apoio de UNICEF "Mundo di Femia", o seu primeiro disco en solitario.
Produciu o seu segundo álbum "Fundo di Matu" nos estudos da EMI.
O seu último traballo, "Paraíso di Gumbé" saíu en maio de 2003. É un álbum acústico e eléctrico que explora os sons máis vibrantes de uiné Bissau, conxugados coa súa inimitable voz e estilo de tocar, como algunhas das súas composicións orixinais máis sublimes.